top of page

A FOGUEIRA

 

 

ANXO

CRISITIAN

MIGUEL

 

 

1. ESCENA: SUBIDA

 

1 EXT. MONTE - DÍA

(Plano xeral contrapicado. Ascende ata altura dos

ollos en cuanto os personaxes sobrepasan a cámara.)

Aparecen tres persoas: ANXO, MIGUEL e CRISTIAN. Fai

bo tempo aínda que algo de vento. Os homes camiñan

por un sendeiro de terra e grava cara o cumio do

monte. Van os tres ombreiro con ombreiro dándolle as

costas a cámara.

 

2 EXT. MONTE - DÍA

(Plano medio lateral en movemento, seguindo os

personaxes.)

Os tres amigos seguen camiñando, Cristian e Miguel

nas beiras. Encóntranse un pouco máis atrasados.

 

3 EXT. MONTE - DÍA

(Panorámica dende o cumio do monte, dende Rebordechao

ata a chaira. Aparecen en escena os homes polo camiño

achegándose ata a cámara. Os homes camiñan e a cámara

mantenos en encadre retrocedendo. Sobrepasan a cámara

e esta ségueos.)

Camiñan ata chegar a un penedo. Anxo comeza a subir

por el, detrás van Cristian e Miguel.

 

4 EXT. MONTE - DÍA

(Plano xeral corto picado. Despois da acción a cámara

cambia a un plano panorámico collendo a posta do sol

ata que se fai de noite)

Anxo, unha vez arriba, parase e quedase observando o

horizonte cás mans na cintura. Chega Miguel e

seguidamente Cristian. Anxo mira a Miguel, que esta a

súa dereita(?) e bótalle unha man o ombreiro. Anxo

baixa a cabeza mentres se xira e comeza a marchar

cara outra parte do penedo.

 

FADE OUT

 

2. ESCENA: CONVERSAS

 

5 EXT. MONTE - NOITE

(Plano detalle do lume)

A fogueira esta a queimar os troncos que lle botaron.

 

6 EXT. MONTE - NOITE

(Primero plano de Anxo)

Anxo, coa mirada perdida mira cara o fogo. De socate

levanta a cabeza e mira cara Cristian e Miguel.

 

7 EXT. MONTE - NOITE

(Plano medio semilateral de Cristian, cambia o

enfoque da cámara a Miguel que esta nun segundo

plano.)

Os amigos están ausentes, xogando con algunha pedra.

Cristian bota unha man o pescozo, levanta a cabeza e

sorrí.

 

8 EXT. MONTE - NOITE

(Plano xeral dos tres o redor do lume.

Anxo segue mirándollos. Devólvelle o sorriso a

Cristian. Cambia de postura e cruza as pernas.

 

ANXO

(Con certa pena na mirada)

Acordádesvos de cuando estabamos todos xuntos?

Dos magostos e dos cumpleanos?

(Pausa)

 

MIGUEL

Claro que nos acordamos, como non nos íbamos

acordar.

 

9 EXT. MONTE - NOITE

(Plano medio lateral de Anxo)

Anxo esta mirando cara o fogo pero de vez en cando

bota unha ollada para os seus compañeiros. A súa

expresión e triste aínda que fai un esforzo por

esbozar un sorriso mentres fala.

 

ANXO

Si que eran bos tempos.

(Faise un silencio incomodo)

 

10 EXT. MONTE - NOITE

(Plano xeral do grupo)

Miguel mira cara ningún lado un pouco incomodo,

mentres, tira unha pedra sen moita ansias.

 

11 EXT. MONTE - NOITE

(Primeiro plano semipicado de Anxo)

Anxo ten a cabeza gacha. Esta a xogar con algo.

Levanta a cabeza.

 

ANXO

(Con voz seria.)

Sabedes?

(Pausa.)

Aquel día foi o peor da miña vida.

(Pausa)

Deixástesme aiqui solo, sin forzas.

(Suspira.)

 

12 EXT. MONTE - NOITE

(Primeiro plano semilateral de Cristian)

Bota as mans a cabeza lentamente e bufa. Os seus

ollos buscando no infindo onde apoiarse.

 

13 EXT. MONTE - NOITE

(Primeiro plano semipicado de Anxo)

A face de Anxo pouco a pouco vaise descompondo. Os

ollos comézanlle a brillar pola auga.

 

ANXO

(Con voz fría)

Aquel día vinme solo. Abandonástesme.

(Pausa)

Sabedes que, tamén? Nunca me din reposto deso.

Cada dia e cada noite soño con eso... e vos, vos

non fustes capaces de facer nada mais que

marchar.

 

14 EXT. MONTE - NOITE

(Plano en profundidad, Cristian en primeiro plano,

Miguel en segundo)

Cristian abanea as mans a modo de reproche e Miguel,

mentres Cristian fala, pon cara de pena e move a

cabeza.

 

CRISTIAN

Anxo, nos nos queriamos eso. Non podes decir eso.

Tes que olvidarte do que pasou e seguir adiante,

tio.

 

15 EXT. MONTE - NOITE

(Primeirisimo plano de Anxo)

Con cara de resignación.

 

ANXO

Non podo Cristian! Aquel día...

(Aperta os beizos para non chorar e baixa a

cabeza. Faise un silencio)

FADE OUT.

 

3. ESCENA: CAMIÑO

 

16 INT. COCHE - DÍA

(Plano medio en profundidade dende o parabrisas do

coche)

Vese a Miguel conducindo, Anxo de copiloto e Cristian

sentado no medio do asento traseiro, apoiando os

brazos nos asentos de adiante. Gardase silencio.

 

ANXO

A ver, onde vemos?

(Pausa)

Miguel e Cristian están moi serios.

MIGUEL

Anxo. Temos que facer algo.

ANXO

(Comezando a alterarse)

Algo de que? Pero que dis tío?

 

17 INT. COCHE - DÍA

(Primeiro plano de Cristian)

Cristian mira para Anxo dende o seu asento, moi

serio.

 

CRISTIAN

Anxo, non podes seguir así.

 

18 INT. COCHE - DÍA

(Plano medio semilateral dende o parabrisas de Anxo)

Anxo séntese atacado e comeza a abanear as mans

sobresaltado.

 

ANXO

Pero que cona decides, joder. Onde me levades,

hostia. Pero tío?

 

19 INT. COCHE - DÍA

(Plano medio de Miguel conducindo, dende o

parabrisas)

Miguel mira para Anxo intentando tranquilizalo, solta

o volante cunha man e faille unha sinal de “para”.

 

MIGUEL

Veña tio, pénsallo. E por ti. Non te poñas así,

joder.

(Pausa)

Vamos levarte alí, pa axudarche. Tes que salir

desto.

 

20 INT. COCHE - DÍA

(Plano medio de Anxo dende a posición do piloto)

Anxo mira para Miguel cos ollos moi abertos, coma si

non puidera crelo, logo mira para Cristian un intre e

volve mirar para Miguel.

 

ANXO

(Moi alterado, berrando, movese nervioso)

Pero que dis hostia? Bo. No tio, no, no. Que

sabedes vos do que me fai falta a min? Que cona

sabedes? Joder! Sodes uns fillos de --

 

21 INT. COCHE - DÍA

(Plano xeral do interior do coche)

Vense os tres compañeiros. Miguel atento a carretera,

Cristian con cara de enfadado e Anxo sobresaltado.

 

CRISTIAN

(Berrando por riba de Anxo. Moi serio e directo.)

Cálate Anxo! Xa esta dito.

Anxo, tras escoitar a Cristian, queda quieto un

intre, pensativo. Ó reaccionar dálle un golpe o

salpicadeiro do coche.

ANXO

(Dándose por vencido)

Bo. Joder.

 

FADE OUT

 

4. ESCENA: CONVERSAS (SEGUNDA PARTE)

 

22 EXT. MONTE - NOITE

(Plano xeral do ceo, a lúa vese nunha veira do

encadre)

A lúa corona o ceo. A noite e pechada a non ser pola

luz que esta desprende.

 

23 EXT. MONTE - NOITE

(Plano xeral en movemento de Cristian e Miguel)

Os dous amigos estaban a mirar para Anxo, que estaba

falando. Miguel semi tumbado e Cristian cas pernas

cruzadas e un codo apoiado no xeonllo, na man a

cabeza.

 

ANXO (O.C.)

Aquel día vin como os meus amigos me traicionaban

e me deixában solo,...

 

24 EXT. MONTE - NOITE

(Plano medio semilateral picado de Anxo)

Anxo seguía a mirar cara as mans que argallaban cunha

rama. Tiña a voz entrecortada e tensa.

 

ANXO

...alí tirado.

 

 

 

Os inicios deste proxecto surxen no eido do movemento experimental. Coa intención de proseguir traballos xa feitos o longo de anos anteriores escribese "A Lareira". Una curtametraxe produccida e grabada en Galicia.

 

Os comezos fanse notar nun pequeno relato que posteriormente sería adaptado nun guión.

(Como dato aclarativo hai que dicir que o guión foi cambiado multiples veces, inclusive no mesmo momento de rodaxe para cadralo no ambiente e na historia dun xeito coherente.)

 

bottom of page